A nova normalidade?
Esta entrada foi ideada o 5 de Xuño do 2020, formaba parte dos retos que lanzaba ao meu alumnado nesses momentos. Non cheguei a publicala , pero agora, que entramos noutra nova normalidade pode ser curiosa de ler.Empezaba así :
Así a chaman.
Algo que veu para quedarse, polo menos un tempo longo. Eso din todos os expertos.
Algo que veu para quedarse, polo menos un tempo longo. Eso din todos os expertos.
Onte xa era obrigatorio o uso das mascarillas en todos os sitios, incluida a rúa, se non tes seguridade de poder afastarte dous metros respecto doutras persoas.
Nace en Instagram o primeiro museo virtual inspirado no Covid 19
Para participar: As obras poden enviarse á conta de instagram (@CovidArtMuseum), a través de mensaxe directo, taggeando na imaxe ou utilizando o hashtag #covidartmuseum. Tamén a través do mail: covidartmuseum@gmail.com
Neste caso, decicín pintar algo parecido a un dos cadros da colección NENÚFARES de MONET.
Encántanme esas obras!
Así empezou todo, unha foto con unha mascarilla normal que me que pintei coa app Procreate .
Esta nova normalidade trae tamén moita contaminación. É necesario ter coidado e atender a este tema. É coisa de todos e todas.
A nova normalidade trae tamén consigo unha serie de palabras que antes non utilizábamos.
Podes inventar ti algunha palabra relacionada co que está a pasar.
Para lanzar como reto ao alumnado integrante do clube de Debuxo dos recreos pode ser un bo principio. Así que aí vai.