Silencio, móbil , acción !

 

CINEMA ENRIQUECIDO INCLUSIVO

GRUPO DE TRABALLO 22-23






Último dia de formación

                                                              Último dia de formación


Presentación do libro do noso profe Manolo González, actividade á que asistimos.






Esta é unha das sesións onde traballamos con algunha das ferramentas do Polo Creativo, dotación do Ies Telleiras:



Sorprendente mensaxe do software do estabilizadpr de imaxe para móbil.




Fixemos tamén audiovisuais que visionamos durante a formación con Manolo. 
Revisamos películas buscando planos lumiere ou secuencia impactantes.

Exemplo: 


 

 

Plano Lumiere



Plano secuencia


 

Outra cousa necesaria para traballar na aula eran as ferramentas de edición e montaxe, así que compartimos os nosos coñecementos de direccións web e apps de vídeo: Capcut, Imovie, Openshot, Canva...

 




PROPOSTAS DE AULA


Unha das propostas para 3º de ESO :

 

Que levanten a man @s que teñades 1 resposta á primeira pregunta. @s que teñades 2? 

0? @s que teñades 3?

Que levanten a man @s que teñades 1 como resposta á pregunta 2ª , máis de 3?

Que levanten a man @s que teñades 1 como resposta á 7ª pregunta, 3 ou máis ?

Sae maioria aplastante de alumnado que non sabe nada da linguaxe cinematográfica pero tamén maioria aplastante de consumidores de audiovisual, polo que a reflexión feita na aula é  que SODES MOI MANIPULABLES xa que consumides sen coñecementos.

Outra reflexión é que non facedes a trasferencia por escrito ou oralmente dos vosos coñecementos que seguro son máis dos que recoñecedes.

Entre vós hai algún creador ou creadora pero menos dos que pensaba . 



Isto é o que faremos:


Diapositiva de Manolo González
Diapositiva de Manolo González.


O seguinte foi contarlles que estou traballando xunto cunhas compañeiras doutros centros nun grupo se traballo sobre o cinema wabisabi de Manolo González e plantexarlles, seguindo coas actividades de TIPO I (do modelo SEM) unha posible participación nunha gala do cine que as profesoras deste grupo estamos a organizar. 

Estarían dispostos a traballar para poder asistir a esa gala?A maioria pareceu interesado no tema, así que o primeiro sería facer un par de encargos durante as vacacións de Semana Santa. 

Ademais de buscar un compromiso por parte deles ,neste punto empeza a secuencia de actividades Tipo II.



Imaxe da aula virtual para 3º de Eso do Ies de Mugardos.



Para iso vimos exemplos de alumnado de Manolo González e tamén o libdub feito no noso centro anos antes :


 Enlace ao arquivo : cinema_wabisabi._1_parte








 

Parecía que o complicado para algúns deles era o xermen da idea no seu inicio, e aínda que viron exemplos ( e como material de ampliación tiñan o enlace aos blogs de Manolo) necesitaban algo máis, así que traballando dende a diferenciación curricular e usando unha ferramenta que teñen tamén que coñecer, usamos a IA para ver que posibilidades ofrecía como lugar de inspiración .






Tratábase de incorporar actividades de distintas complexidades cognitivas .










Toda esta secuencia e demais materiais, están na aula virtual para poder ter acceso dende calquera dispositivo, e como un lugar onde comunicarse coa profe e incluso, a través do foro, co resto do alumnado .





TRABALLOS DO ALUMNADO




Plano lumiere 




Plano secuencia



A partir deste momento, animáronse a utilizar o audiovisual para desenvolver tarefas con outros temas. Os que se poden ver a continuación son para Campañas de concienciación en contra do vandalismo, no Ies de Mugardos.






Quedan cousas por afianzar, como o de rodar en horizontal e non en vertical. 



Enlace á plantilla da situación de aprendizaxe