PIE 2024-25 ( parte III)

 Clarificando termos. 

Unha necesidade que traballamos na titoría.


En plástica seguíamos traballando co imaxinario e ao mesmo tempo, xorde a necesidade de clarificar, para chamarlle as cousas polos nomes axeitados e saber en todo momento distinguir entre uns comportamentos e outros, así como falar dos conflictos que xorden entre eles e elas para ser conscientes de límites e posibles respostas. 
Así que revisamos o protocolo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e ciberacoso escolar  da Consellería de Educación galega. 



Falamos dos estereotipos destas imaxes do propio protocolo, onde aparece o ALUMNO FUTBOLERO abusón, o grupo de NENAS COTILLAS, a vítima NENA CON GAFAS. 
Aclaramos termos para poder identificar o acoso e os distintos tipos coa idea de facelos máis conscientes dos problemas e das consecuencias, pero tamén das solucións e do posible rol que cada un deles e delas pode ter nun conflicto . 

PIE 2024- 25 ( parte II)

 Amorfest. Deseño de moda inclusiva.

Actividade de titoría e plástica . PIE 2024-2025













 Nesta proposta arrincamos dende a empatía, de ahí que cubrimos mapas poñéndonos na pel de persoas con diferentes anatomías. A idea era crear deseños de moda inclusiva .




Descubrimos outros proxectos reais onde o obxectivo era o mesmo.









PIE 2024-25 ( parte I )

 PIE no IES de Mugardos 

Contribución da materia de EPVA e de Proxecto competencial de 1º de Eso, neste proxecto de inclusión educativa.


1ª proposta para 3º de Eso:



Qué relación existe entre estas dúas imaxes?

Para traballar o imaxinario dende un punto de vista igualitario, usamos en 3º de Eso esta rutina de pensamento : vexo, penso, pregúntome, sobre estas dúas imaxes, buscando relacións. 
Con isto repasamos as funcións das imaxes e incidimos na lectura delas, enmarcando estes contidos no bloque de patrimonio cultural e artístico
Descubriron o traballo de Dina Goldstein tentando argumentar cómo esta artista desafía os estereotipos de xénero dos contos de fadas.
 
Plantilla da editorial Netex

Rúbrica de cualificación da mesma editorial.

Propuxen tamén opcións de recuperación ou para mellorar resultados : 



Estes son algúns deses traballos do alumnado:








PROPOSTA LIBRE PARA OS QUE QUIXERON PARTICIPAR


A proposta consistía en usar esta plantilla que encaixa a modo de mosaico, para lanzar unha mensaxe común de loita contra a violencia de xénero. 
A cousa foi tendo vida propia e o que ia ser individual, nalgúns casos, converteuse nunha labor de equipo e nun grito de igualdade social e non só en contra da violencia.


Isto levoume a traballar nos dous cursos co nesgo de xénero na linguaxe e nas imaxes que consumimos de xeito habitual.








1ª proposta para 1º de ESO 


Vídeo de toda a situación de aprendizaxe completa.



Reflexionamos sobre às mulleres na historia da arte . Onde quedaron ?
Só na faceta de musas e modelos ou algo máis ?





E o tema da beleza?
É igual de pesado e determinante para nomes de mulleres hoxe en día?




Todos isto levounos tamén, na materia de proxecto competencial a pensar na inseguridade, e non só física senón tamén psicolóxica e así, algúns proxectos empezaron así .

Organizador gráfico feito por unha alumna.





Revista ensamblada de alumnado




Outro exemplo de revista ensamblada doutro grupo.


 





Despedida de la materia

 Unha despedida emocionante


Pintar nas xanelas? De verdade?

Isto foi o que me fixeron cando lles propuxen deixarme  unha palabra que resumira a experiencia vivida neste curso e nesta materia.

Finalmente a idea triunfou 




Las Meninas de Canido

 Meninas con moita emoción 

Para rematar a tarefa no noso libro de expurga da biblioteca, traballando técnicas artísticas e intentando transmitir unha emoción. Fumos visitar as Menina de Canido cunha guía turística. 

A experiencia valeu moito a pena. 

Ela contounos detalles inspiradores sobre algúns dos murais e dos artistas, mulleres e homes, que ano tras ano acuden a esta cita na cidade de Ferrol .

Foi interesante escoitar como o promotor, Eduardo Hermida, empezou todo isto coa intención de embelecer un barrio decadente, e grazas a este movemento artístico, revitalizouse unha zona de Ferrol moi deteriorada. 

Deunos por pensar se nós poderíamos ter feito algo similar onde vivimos.








Tecer enredos máxicos. 2ª parte da situación de aprendizaxe.


 Avaliación formativa e sumativa.

Esta é unha parte dunha situación de aprendizaxe para 1º de ESO.




Samaín . Nós tamén ! Situación de aprendizaxe para 1º ESO

  Tecer enredos máxicos 




Descripción :






 Traballando a temática do Samaín xunto cos elementos da linguaxe plástica e visual, o Patrimonio cultural e artístico e as técnicas gráfico-plásticas contemporáneas.
Os desafíos do perfil de saída que asume o proxecto son:
   Desenvolvemento de habilidades para aprender a aprender: Coñecemento como motor de desenvolvemento ( Riscos e beneficios). 
   Sentirse parte dun presente colectivo: Xenerosidade, empatía.
   Medio Ambiente.


FIN, RETO OU PROBLEMA A RESOLVER

 Faremos unha INSTALACIÓN ARTÍSTICA para o espazo onde se reciben ás familias nas titorías. Queremos conseguir que as familias participen nas actividades do centro cunha proposta intrapersoal para mostrar que un centro educativo fai moito máis que transmitir contidos vacíos e que é necesaria toda a comunidade educativa para rechealo.

 Cómpre explicar que non son amiga deste tipo de celebración onde a maioría das veces acaban facendo manualidades máis que traballando no uso da nosa linguaxe plástica dun xeito consciente.
Pero, pensando en que este alumnado acaba de chegar ao centro e todavía manteñen a ilusión e a mirada de idades máis tempranas, acompañando isto a que na avaliación inicial descubrín o gusto polo debuxo e por colorear destes menos e nenas. 
Outro dos meus obxectivos neste 1º trimestre é coñecelos mellor para ir tendo un portafolio de talento total (PTT), e este tipo de …??





Actividade que forma parte do PPT 



Ademais de que aínda queren celebrar as festas tradicionais, para seguir así co que viñan facendo na Primaria. E por último, tendo en conta que dende distintos departamentos do centro, esta é unha efeméride celebrada. Decidín cambiar o estilo de instrución que ata ese momento viñéramos traballando, e aínda que moitas veces, lles propoñía escollas para ocupar un asento nunha determinada mesa ( isto me da información sobre as súas relacións, se utilizan o espírito crítico para tomar decisións, como traballan en distintos agrupamentos, a súa tolerancia á frustración  …) Esta vez iso, se convertiría nunha escolla de traballo e non so de lugar nunha mesa. Cambiaría algo respecto das escollas que viran facendo ata o momento?






Todas ellas son actividades Tipo III







Obxectivos do proxecto:

Traballaríamos pois dende a motivación (partindo dos seus intereses e proporcionando tarefas con níveis de dificuldade variada e andamiaxes diferentes), e tamén dende a seguridade que proporciona ao alumnado facer cousas que xa coñecen, dándolles un respiro a algúns deles que seguen a necesitar moito apoio nas decisións que toman por medo ao erro “ sen solución “,  e á súa vez , avanzando de xeito casi inconsciente no uso da linguaxe plástica , xa que os retos propostos estaban camuflados coas tarefas máis comúns traballadas en Primaria, para rematar facendo isto consciente e comprendendo que como toda linguaxe, busca unha comunicación.
Traballaríamos tamén o bloque de Patrimonio cultural e artístico 
recoñecendo unha tradición como un ben cultural que servirá de referente para crear unha obra de arte contemporánea.


Diapositiva de Mariana Morales. Curso do CFR de Ferrol sobre Avaliación formativa.

(2021)







Decidín propoñer unha tarefa que empezaba con distintas estacións de traballo. 
O primeiro era escoller onde sentarse en función das opcións de tarefa que tiñan, empoderando así ao alumnado como protagonista da súa aprendizaxe.











































Nestas estacións de traballo había distintos niveis de profundidade :

 



Tendo en conta eses níveis de profundidade e os criterios de avaliación , esta é a escala de valoración usada para cualificar: 





Ideas: 
Para traballar a instalación nun espazo é necesario ter unha maqueta dese espazo, Xa que traballamos nunha mixtura entre escultura, arquitectura e pintura. Así que en equipo farán a modo de diorama, esa instalación. Escolleremos a mellor proposta.
Patrimonio 
Preguntar na casa sobre o Samaín na zona.

Finalmente a cousa quedou así. Por falta de tempo non traballamos a maqueta diorama .



Recursos metodolóxicos

Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo e aprendizaxe por proxectos, tratando de que a aprendizaxe inductiva sexa a tónica xeral e usando diferenciación curricular ( estratexias de DUA) para incluir a todos e todas na realización de propostas. ( art. 45 sa Orde do 8 de setembro  )





Continuamos así : 




A continuación da secuencia está na entrada seguinte.