Clarificando termos.
Unha necesidade que traballamos na titoría.
En plástica seguíamos traballando co imaxinario e ao mesmo tempo, xorde a necesidade de clarificar, para chamarlle as cousas polos nomes axeitados e saber en todo momento distinguir entre uns comportamentos e outros, así como falar dos conflictos que xorden entre eles e elas para ser conscientes de límites e posibles respostas.
Así que revisamos o protocolo para a prevención, a detección e o tratamento do acoso e ciberacoso escolar da Consellería de Educación galega.
Falamos dos estereotipos destas imaxes do propio protocolo, onde aparece o ALUMNO FUTBOLERO abusón, o grupo de NENAS COTILLAS, a vítima NENA CON GAFAS.
Aclaramos termos para poder identificar o acoso e os distintos tipos coa idea de facelos máis conscientes dos problemas e das consecuencias, pero tamén das solucións e do posible rol que cada un deles e delas pode ter nun conflicto .