PIE no IES de Mugardos
Contribución da materia de EPVA e de Proxecto competencial de 1º de Eso, neste proxecto de inclusión educativa.
1ª proposta para 3º de Eso:
![]() |
Qué relación existe entre estas dúas imaxes?
Para traballar o imaxinario dende un punto de vista igualitario, usamos en 3º de Eso esta rutina de pensamento : vexo, penso, pregúntome, sobre estas dúas imaxes, buscando relacións.
Con isto repasamos as funcións das imaxes e incidimos na lectura delas, enmarcando estes contidos no bloque de patrimonio cultural e artístico
Descubriron o traballo de Dina Goldstein tentando argumentar cómo esta artista desafía os estereotipos de xénero dos contos de fadas.
![]() |
Plantilla da editorial Netex |
![]() |
Rúbrica de cualificación da mesma editorial. |
Propuxen tamén opcións de recuperación ou para mellorar resultados :
Estes son algúns deses traballos do alumnado:
PROPOSTA LIBRE PARA OS QUE QUIXERON PARTICIPAR
A proposta consistía en usar esta plantilla que encaixa a modo de mosaico, para lanzar unha mensaxe común de loita contra a violencia de xénero.
A cousa foi tendo vida propia e o que ia ser individual, nalgúns casos, converteuse nunha labor de equipo e nun grito de igualdade social e non só en contra da violencia.
1ª proposta para 1º de ESO
Vídeo de toda a situación de aprendizaxe completa.
Reflexionamos sobre às mulleres na historia da arte . Onde quedaron ?
Só na faceta de musas e modelos ou algo máis ?
E o tema da beleza?
É igual de pesado e determinante para nomes de mulleres hoxe en día?
Todos isto levounos tamén, na materia de proxecto competencial a pensar na inseguridade, e non só física senón tamén psicolóxica e así, algúns proxectos empezaron así .
![]() |
Organizador gráfico feito por unha alumna. |
![]() |
Revista ensamblada de alumnado |
![]() |
Outro exemplo de revista ensamblada doutro grupo. |