6º Reto: Abstracción

Abstracción 


       Creo que temos un pequeno lío que é necesario aclarar. A diferenza  entre realismo, figuración e abstracción .
       O alumnado de 1º de Eso xa o ten claro pero, polos vosos  traballos da “ Cincenta ”, algúns alumnos e alumnas de 3º, non.





Pero se queres outro exemplo ....


Realismo



Estudio que vai desde unha figuración con tres grados diferentes de iconicidade, ata o último debuxo que sería unha abstracción .




Pintoras abstractas











Hai moitas máis, aínda que seguramente non che soe ningunha. Pero creo que despois de todo o traballado no instituto nestes anos xa saberás o motivo .

Joan Mitchell Posted, Alexandra Exter, Elena Asins, Sonia Delaunay, Lee Krasner, Helen Frankentaler, Alma W. Thomas, Juana Francés...


www.wikiart.org.  Aquí podes buscalas.




No reto de hoxe farás unha abstracción.
Terás dúas opcións:
Experimentar coa nosa linguaxe só cun obxectivo estético ou
intentar transmitir algunha emoción ou sentimento. No caso de escoller esta última opción dinos que tentas transmitir.
Podes escoller a disciplina artística que che apeteza: fotografía, debuxo, pintura, escultura, instalación etc




Os meus traballos.

“ O principio e o fin”


Neste caso, pensei en como a natureza iguálanos ao nacer e ao morrer. O camiño é o que nos diferencia. Quen pode escoller?
Non é unha idea novedosa, a literatura está chea  de referencias con esta intención.






Desta fotografía direivos máis adiante cal foi o proceso creativo.
Pensa no teu propio proceso. Recorda todo o que traballamos sobre isto.

Chegou o momento de contalo.




Estaba a facer unha tortilla, e cando botei o aceite gustoume o camiño que este deixaba na sartén.
Non me gustaba a cor así que probei filtros e variei o encuadre ata que conseguín algo que sí me agradou.
Recordas o traballo de Chema Madoz? As veces no cotidiano a topas inspiración . 
Neste caso eu non tiña unha intención de transmitir nada. 

Dubido que algún de vós vexa na Mila composición a realidade do que era. É unha abstracción porque non recomecemos nada concreto nela.




Traballo de 3º





Medo e soidade.

A soidade







Instalación
A figura representa os diferentes sendeiros que toman aspersonas na decisión de futuro, e por outra parte a presión que alguén
sinte ao seguir una decisión que cree  é a axeitada pero ten medo das
opinións alleas."










Traballo de 1º de ESO


Neste traballo, trato de expresar o día e a noite.
O día, é enerxía, a represento con cores primarias e vivas, formando liñas rectas e rápidas, con aristas.
Por outro lado, a noite, é serenidade e tranquilidade. Con tonos pastel e acuarelas.


El camino de la vida.
















Con este dibujo quiero transmitir la diferencia y a la vez similitud de los colores y las diferentes formas de representarlo.




















Traballo de 4º de ESO




Quere expresar os bandos e a monotonía nas redes sociais. A liña verde é a sinal de "está en liña"