Avaliación

AVALIACIÓN 



Tal e como expliquei nas adaptacións das programacións, o día 4 de Xuño rematamos os retos.

O 12 de Xuño (como máximo) deberás decidir que retos queres que che cualifique (dentro dos que entregaches a tempo)para iso debes ter en conta a táboa de grao de consecución dos estándares, a puntuación de cada reto, os estándares ou criterios de avaliación asignados a cada un (entregarei unha táboa diferente a cada curso ) e o teu propio criterio

Con cales dos teus traballos estás máis satisfeito ou satisfeita? Por que estes? Cal é o criterio plástico que utilizaches para decidir? Cal é a cualificación (nota) que crees que tes en cada un?

 A documentación e reflexión (avaliación final) é o final de calquera proceso creativo.  


Como máximo sumarás tres puntos, así que non valerá que entregues todo, por iso falabamos de retos voluntarios. Tivestes a oportunidade de escoller cales facer.



Aquí podes ver os retos e as puntuacións.
  
Algúns retos non teñen estándares dese curso e terás que usar os teus propios criterios para a baremación.



PARA FACILITARCHE A TAREFA FIXEN UNHA TÁBOA DE EXEMPLO DE PORTFOLIO. 

Un portfolio é unha estratexia e un instrumento de avaliación, como instrumento es ti o que xestiona e compartes coa profesora. Nel se recollen evidencias e reflexións sobre o proceso de aprendizaxe. 







Utilizarás a plantilla de táboa que che facilitarei, e igual que no exemplo incluirás as túas imaxes e explicacións. 


E por último, como avaliación da tarefa dos retos propostos neste confinamento, 
quero saber a
túa opinión.

Como te sentiches facendoos? 
Escolle unha das seguintes imaxes e explica o porqué.



EXEMPLO en positivo.
Eu escollería o cadro onde pode verse unha rapaza ulindo unha rosa.
Cos retos sentíame así de ben, facendo algo agradable e relaxado.

EXEMPLO en negativo.
Eu escollería o último cadro onde pode verse unha rapaza vestida de branco cunhas cordas que lle impiden moverse do sitio.
Con estes retos sentín falta de liberdade á hora de escoller que e como facer as cousas.




Engade esta explicación debaixo da táboa da plantilla.
Para rematar exportarás a .pdf que enviarás a través da tarefa habilitada para isto.
John William Waterhouse (Roma6 de abril de 1849 - Londres10 de febrero de 1917)


Faremos un reto máis, pero xa podes ir tomando decisións.
Se tes problemas podo axudarte antes do 12 de Xuño.