Avaliación da materia de Educación plástica, visual e Audiovisual
En 1º de Eso, esta materia é habitualmente unha novidade . Chegan cunha idea errada do que é, confundindoa con manualidades. Nalgún caso é un descubrimento positivo e noutros unha decepción.
A cuestión é reflexionar sobre o que nos fai sentir e sobre todo o potencial que ten, e á vez sobre a importancia de ter unha actitude flexible de cara a probar novas experiencias de aprendizaxe.
1º de Bacharelato de Debuxo artístico e alumnado de fp básica.
Dende a asociación mugardesa Apelón educación, e a través do departamento de Galego do centro, chegounos esta proposta que enseguida aceptamos.
Tratábase de idear e pintar un mural para conmemorar o día de Rosalía.
Foi unha proposta que, servíu para desenvolver contidos e destrezas da materia, pero tamén para unir ao alumnado nun proxecto común que aportou seguridade, confianza e un moi bo clima de aula. Recibimos a colaboración de alumnado de fp básica, que pintaban con nós unha vez por semana.
Esta imaxe está feita primeiro con lápiz de grafito e outros acuarelables, e logo pasada a vinilo onde se fconseguíu esta textura característica de pixelación dixital, aportando así un toque de modernidade á obra.
Na auga da fonte utilizamos o estarcido, fabricando a plantilla circular cun acetato.
Na fonte utilizaron esponxado para imitar a textura do granito, tan presente en Galicia.
Nesta imaxe pode verse o gran tamaño do mural que mide aproximadamente tres metros por dous de alto.
Está dividido en paneis xa que o pintamos no interior por mor das inclemencias do tempo invernal, pero a idea é colgalo nunha parede exterior do instituto.
Avaliación e coavaliación
Como a calidade da tarefa foi moi boa. Utilicei esta escala de valoración para poñer nota da tarefa e para que eles reflexionaran conscientemente sobre o traballado.
Como xa dixen ao principio, este mural facilitou o clima de aula e a autoestima individual e grupal, conclusión que sacaba en cada sesión simplemente observando, pero que rematei de verificar con esta avaliación figuro-analóxica.
Inauguración na Vila
Como o mural quedaría colgado nunha parede do recinto educativo ao que a xente da Vila non tería acceso, foi exposto tamén nun local moi céntrico para darlle así máis repercusión.
A actividade comenza cunha presentación do artista a través dun libro que tiñamos na aula.
A intención era traballar os elementos básicos da imaxe, chamados elementos contextuais e visuais.
A idea trasversal era traballar os seus intereses, sentimentos e preocupacións.
Tratábase dunha oportunidade para traballar a intelixencia emocional.
Utilicei esta obra de Basquiat para que reflexionaran sobre a intención do autor e o uso destes elementos contextuais como elementos de expresión e comunicación visual.
Fixemos no pasillo, unha intervención artística sobre a obra usando tipografías e cores variadas, titulando a obra polo que nela viamos.
Contidos traballados:
Plantexamento da tarefa que tiñan que desenvolver, foi unha tarefa opcioal para mellorar a nota doutra anterior, pero o acollemento foi tan bo, que as dúas clases ao completo participaron :
Os seus traballos:
O resultado final expúsoxe fóra da aula.
A actividade concluia con un xogo que consistía en adiviñar que representaba o debuxo que máis lles impactara.
Para iso, non puxemos nomes, eran pos it con números.