Colaborando nun mural.

 Mural de Rosalía de Castro 

1º de Bacharelato de Debuxo artístico e alumnado de fp básica.


Dende a asociación mugardesa Apelón educación, e a través do departamento de Galego do centro, chegounos esta proposta que enseguida aceptamos.

Tratábase de idear e pintar un mural para conmemorar o día de Rosalía.

Foi unha proposta que, servíu para desenvolver contidos e destrezas da materia, pero tamén para unir ao alumnado nun proxecto común que aportou seguridade, confianza e un moi bo clima de aula. Recibimos a colaboración de alumnado de fp básica, que pintaban con nós unha vez por semana.





Alumnado de fp básica colaborando.




Montaxe de todo o proceso de traballo.
















Fotos do resultado



Esta imaxe está feita primeiro con lápiz de grafito e outros acuarelables, e logo pasada a vinilo onde se fconseguíu esta textura característica de pixelación dixital, aportando así un toque de modernidade á obra.



Na auga da fonte utilizamos o estarcido, fabricando a plantilla circular cun acetato.
Na fonte utilizaron esponxado para imitar a textura do granito, tan presente en Galicia.



Nesta imaxe pode verse o gran tamaño do mural que mide aproximadamente tres metros por dous de alto.



Está dividido en paneis xa que o pintamos no interior por mor das inclemencias do tempo invernal, pero a idea é colgalo nunha parede exterior do instituto.


Avaliación e coavaliación


Como a calidade da tarefa foi moi boa. Utilicei esta escala de valoración para poñer nota da tarefa e para que eles reflexionaran conscientemente sobre o traballado.



Como xa dixen ao principio, este mural facilitou o clima de aula e a autoestima individual e grupal, conclusión que sacaba en cada sesión simplemente observando, pero que rematei de verificar con esta avaliación figuro-analóxica.





Inauguración na Vila

Como o mural quedaría colgado nunha parede do recinto educativo ao que a xente da Vila non tería acceso, foi exposto tamén nun local moi céntrico para darlle así máis repercusión.