Axencia de viaxes IES Mugar2. SEMGal




Axencia de Viaxes

Ies Mugar2


Un grupo de profes (de1º y 2º de ESO) do noso centro estamos a traballar, xa en Ano I, cun modelo de enriquecemento para toda a escola, chámase Modelo SEM.
É unha aposta ilusionante pola innovación educativa da Consellería de Educación.

Neste curso o tema de centro vai de viaxes, así que sondeando intereses entre o alumnado de 1º e 2º decidimos facer unha axencia de viaxes.

Pizarra cos intereses maioritarios
Pizarra cos intereses maioritarios.



Decidimos entón que podíamos traballar en base a este mapa.







Fixemos tamén unha enquisa de estilos de aprendizaxe.

Estas dúas cousas: inteses e estilos de aprendizaxe formarían parte do Portfolio Total de Talento (PTT) que é o inicio de calquer enriquecemento dentro do modelo SEM.



Outra parte imprescindible, posto que o modelo intenta buscar talentos e despertar intereses novos, é traballar as actividades Tipo I, II e III
Búscase o disfrute, xerar curiosidade... como parte dunha actitude de motivación para a aprendizaxe.

A biblioteca organizou actividades variadas que servirían como TIPO I e que se desenvolveron ao longo do curso presencial.




Esta tivo moito éxito entre o alumnado.












Neste tratábase de investigar os perigos de ser muller e nacer en distintas partes do mundo.


















Neste se investigaba sobre a ruta dos Reis Magos.





O Entroido tamén tivo o seu papel relevante como TIPO I
facendo viaxes de todos os xéneros.

Logo traballaron esta ficha de metacognición